Experiencias

En SOIDADE pensamos xuntas en como abordar un problema común. Tamén buscamos propostas feitas por outras persoas, colectivos e entidades e atopamos solucións inspiradoras: ideas desenvoltas dende a perspectiva da comunidade máis próxima, que tecen complicidades interxeracionais e interculturais, que reconquistan o espazo e propoñen novas maneiras de entender a vivenda e a vida e que traballan coa arte, a innovación e a tecnoloxía.

Modelos de todo o construtivo que, como sociedade, somos capaces de xerar e que compartimos aquí.

Mapa das Iniciativas
Espazos comunitarios Lugares de encontro Vida de Barrio Maneiras de vivir Espazo Creativo Espazo Dixital

Espazos comunitarios

O centro de saúde, o centro cívico, os centros de día... dun modo ou outro, confluímos neses espazos. Por iso, hai propostas que se basean neles para mellorar a vida na comunidade

Lugares de encontro

Vivimos rodeados de zonas verdes, rúas peonís, prazas,... lugares en teoría para o encontro nos que adoita ser difícil facer vida en común. Estas iniciativas apostan por recuperar eses espazos

Vida de Barrio

Vivimos dentro de redes de veciñanza, comercio local e servizos de proximidade das que apenas somos conscientes. Aquí verás que ocurre cando as reactivamos

Maneiras de vivir

Para moitas persoas hai un momento na vida no que a casa se fai demasiado grande. A miúdo, gañar compañía implica perder autonomía e liberdade, pero non ten por que ser así.

Espazo Creativo

As persoas do mundo da creación, da arte e o deseño non son alleas á sociedade na que viven. Por iso, a soidade é a protagonista de varios proxectos artísticos

Espazo Dixital

Temos interiorizado o discurso que vincula a tecnoloxía ao illamento, pero as ferramentas dixitais tamén permiten a comunicación e o contacto entre as persoas.

Coñece todas as esperiencias