Sinopse
Un proxecto de socialización interxeracional e intercultural no que , si ou si, hai que conversar dúas horas á semana
Proxecto
Suecia é un deses países que todos asociamos a unha alta calidad de vida, pero o certo é que as estatísticas apuntan a que a soidade é un grave problema social: miles de persoas maiores morren cada ano sen que se note a súa falta ata pasado un bo tempo.
Sällbo nace coa vontade de combater esta soidade a través da vida e común: a de persoas maiores de 70 anos e a de mozos e mozas de entre 18 e 25, con nacionalidade sueca ou inmigrantes recén chegados.
Comparten espazos comúns sobre os que se integran as dependencias privadas de cada unha das persoas inquilinas e unha obriga: conversar polo menos dúas horas á semana.