Sinopse
Un proxecto que une persoas maiores que non teñen netos ou que teñen os seus moi lonxe coa cativada que non ten avós ou non poden ter contacto habitual con eles.
Proxecto
Esta iniciativa, que parte da experiencia familiar da súa promotora, pon en contacto a familias nas que, por diversas razóns, falta a figura dun avó ou avoa e persoas maiores que ou ben non teñen netos ou ben non poden, por diferentes razóns, manter un contacto cotián con eles.
O obxectivo é xerar lazos interxeracionais e afectivos baseados na convivencia.
Saber máis
- Buscamos nuevos abuelos o abuelas para tus hijos
- Quierounabuelo – Home
- QuieroUnAbuelo (@QuieroUnAbuelo)