Sinopse
Vigo é unha cidade famosa pola súa iluminación navideña, pero hai quen, sen axuda, non pode gozar dela. Precisamente iso é o que, cada Nadal, tratan de evitar os colectivos de taxistas locais
O proxecto
Dende o ano 2017 a cooperativa de taxistas de Vigo e a entidade Radiotaxi ofrecen os seus servizos ás persoas maiores que viven en residencias da cidade e, se é necesario, ás persoas que as coidan para que poidan dar un paseo pola cidade e ver a súa xa famosa iluminación de Nadal.
Máis de 50 profesionais poñen o seu coche e o seu tempo ao dispor de máis de 200 persoas maiores que, sen esta iniciativa, pasarían o Nadal desvinculadas da vida na súa contorna urbana e dos espazos de lecer da veciñanza.