Sinopse
Un dos efectos da soidade non desexada é o incremento da vulnerabilidad de quen a padece en caso de enfermidade. Esta proposta busca retecer as relacións veciñais para que ninguén quede sen coidados.
O proxecto
Entre veciñ@s é un programa de La Caixa que se desenvolve en varias cidades. Unha delas, Lugo, onde a federación de asociacións veciñais é a encargada de desenvolvela, co apoio de Concello e Deputación.
O programa ten abordado varias soidades, traballando pola integración e inserción laboral dos migrantes, xunto co apoio a persoas sen recursos e a entrega de alimentos. Nunha nova etapa, aposta por acompañar ás persoas que viven soas e que carecen de rede familiar ou social en procesos hospitalarios ou visitas médicas, pero tamén na vida de barrio, a través do acompañamento nas compras e recados.