Nextdoor: #MiPuertaEstáAbierta

Sinopse

#MiPuertaEstáAbierta é unha iniciativa tecnolóxica para loitar contra o individualismo e a soidade nos barrios, especialmente orientada ás persoas maiores.

O proxecto

Esta proporta tecnolóxica parte da aplicación NextDoor, que conecta á veciñanza para coñecer mellor o barrio, a quen vive nel e favorecer o intercambio de pequenos favores que resolvan os problemas da vida cotián.

Nextdoor ofrece á veciñanza unha ferramenta accesible que xera unha comunidade de barrio dixital, permitindo a conexión entre as persoas. #MiPuertaEstáAbierta engloba diversas actividades nos barrios, nos que cada veciño ou veciña pode colaborar: dende organizar rutas polos comercios históricos ata xuntanzas para tomar un café.

Saber máis

https://esblog.nextdoor.com/2018/11/22/mi-puerta-esta-abierta/

https://www.elmundo.es/f5/comparte/2019/03/15/5c8b75acfdddfff53f8b45c9.html