Los cuidados

Sinopse

Un proxecto documental para poñer en valor o enfoque comunitario no mantemento da vida e a saúde nos barrios.

Proxecto

Unha experiencia de saúde comunitaria no barrio madrileño de Vallecas, compartida por veciñanza e profesionais do centro sanitario Vicente Soldevilla, nun contexto social popular e reivindicativo, pero tamén vulnerable, pon en evidencia a importancia da saúde e os coidados dende os seus condicionantes de xénero, ambientais, sociais e culturais.

Esta experiencia de aprendizaxe e traballo colectivo sobre un novo modelo de atención trasladouse a un documental e un libro, producidos a través de crowdfunding. O proxecto divulgativo complétase con unidades didácticas e  charlas, ademais de bibliografía e recollida de experiencias na cidade de Madrid.

Saber máis