En bici sin edad

Sinopse

Unha iniciativa mundial para que ninguén teña que renuniar ao seu “dereito de sentir o pelo ao vento” en bicicleta

Proxecto

Esta proposta, que naceu en Dinamarca (2013), desenvólvese xa en centos de cidades do mundo. Consiste en proporcionar paseos de lecer ou transporte a persoas de idade avanzada ou en situación de dependencia, grazas á labor de voluntarias que pedalean por elas empuxando bicicletas adaptadas a este fin, xerando comunidade. Nesta actividade, a idade das persoas implicadas nunca é unha barreira: o piloto e o pasaxeiro de maior idade tiñan 90  e 106 anos respcetivamente.

Saber máis