Sinopse
Iniciativa empresarial que aposta por conectar xeracións, tecendo lazos entre maiores que viven en residencias e xente nova
O proxecto
Adopta un Abuelo é o proxecto dunha empresa social que se basea no compromiso da comunidade e a innovación social para paliar a soidade das persoas maiores que viven en residencias. Segundo as estatísticas que manexan, o 60% delas non reciben visitas frecuentes. A súa proposta pasa por poñer en común a estas persoas con xente doutras xeracións, de tal maneira que poidan compartir tempo, pero tamén intercambiar coñecementos e vivencias. Trátase se poñer en valor a experiencia dos maiores, pero tamén as capacidades das persoas máis novas, de tal xeito que a relación enriqueza a ambas partes.