Sinopse
Os xardíns interxeracionas xurden dun novo concepto urbanístico baseado na humanización da contorna e da xeración de espazos que propicien o encontro entre as persoas. Neste caso, o encontro entre persoas de diferentes xeracións.
O proxecto
Open Studio é un think tank no que arquitectura e urbanismo están orientados a un novo enfoque das cidades. Unha das iniciativas que presenta é o deseño dun xardín de infancia pensado para fomentar a convivencia entre maiores e crianzas, no que poidan compartir as súas experiencias fomentando a aprendizaxe mutua e o empoderamento dos maiores.