Proxecto Dorotea

Sinopse

O Proxecto Dorotea é unha proposta de voluntariado interxeracional no rural galego

O proxecto

O proxecto Dorotea, da fundación Baiuca Verdescente, ten como obxectivo combatir a soidade con obradoiros activos e participativos nos que traballar en clave positiva, sobre alimentación saudable e o benestar físico e emocional con voluntariado interxeracional.

Trátase dunha serie de actividades abertas a todo o mundo que se desenvolverán polo menos durante un ano, que é a duracion inicial deste proxecto que botou a andar no 2020 cunha ducia de persoas no equipo de voluntariado. As participantes reciben formación previa de cara ás tarefas que deben realizar, dende lexislación en materia de voluntariado ou igualdade de xénero, trato ou respecto. As actividades desenvólvense na parroquia de Breixa, en Silleda

Saber máis

Fundación Baiuca Verdescente

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/deza/2020/01/18/energia-positiva-combatir-soledad-dorotea-breixa/0003_202001D18C2991.htm

http://www.crtvg.es:8011/tvg/a-carta/o-proxecto-dorotea-combate-a-soidade-dos-maiores-en-silleda-4297661