Madrid, ciudad de los cuidados

Sinopse

Iniciativa do Concello de Madrid dirixida á sensibilización dos barrios fronte á soidade da súa veciñanza mediante redes informais de apoio (veciñ@s, comerciants, etc,…) e un servizo de apoio e asesoramento.

O proxecto

O plan Madrid, ciudad de los cuidados (link a http://madridsalud.es/ciudaddeloscuidados-2/) arrancou a finais do 2017 con nove proxectos. Un deles, este de prevención da soidade non desexada que se desenvolveu en nos barrios de Almenara e Trafalgar, en dous distritos distintos (Tetuán e Chamberí) da cidade.

Tratábase de xerar unha contorna social de coidados entre as persoas -maiores de idade- que se sentiran soas e as persoas que quixeran implicarse na creación dunha comunidade veciñal máis cohesionada,  facilitada polo Centro Municipal de Saúde Comunitaria.

O obxectivo final deste proxecto era, por unha banda, axudar ás persoas con necesidade de apoio a conectar cos recursos, axentes e posibilidades do seu barrio a través de relacións de amizade e, por outro, transformar a sociedade dende a súa base, facilitándolle á propia veciñanza ser parte activa neste cambio.

Tralo cambio de goberno municipal, o proxecto, desenvolvido pola cooperativa Tangente, foi cancelado.

Saber máis