Un mapa de propostas innovadoras
O desenvolvemento do proxecto SOIDADE permitiunos avanzar en moitas cousas. Por unha banda, ampliar o foco e resituar a problemática, que pensabamos localizada nunha franxa de idade, no conxunto na…
SOIDADE é un proxecto de responsabilidade social desenvolvido de maneira colaborativa por Xeneme e BenCuriosa, dúas entidades de economía social.
SOIDADE naceu cunha intención moi concreta: diagnosticar a situación das persoas maiores en relación á soidade non escollida para buscar ideas innovadoras que melloraran a súa situación.
Para iso desenvolvimos ao longo do tempo sesións de deseño colaborativo e puxemos en común ideas e propostas. Este proceso permitiunos pensar esta problemática social desde o plano cultural, artístico e do deseño e atopar novas posibilidades, máis próximas á innovación e á creatividade que ao asistencial. Pero tamén nos axudou a mover o foco: da atencións ás persoas maiores a outras situacións de soidade vital ás veces menos evidentes, como a das persoas migrantes, en situación de desemprego ou precariedade, con discapacidades, víctimas de violencia de xénero, …
Nesta exploración aprendimos moitas cousas de moitas soidades e re-descubrimos a importancia da comunidade, da proximidade, dos espazos a escala humana e da imaxinación. Aquí tes, paso a paso, como foi este camiño.
O desenvolvemento do proxecto SOIDADE permitiunos avanzar en moitas cousas. Por unha banda, ampliar o foco e resituar a problemática, que pensabamos localizada nunha franxa de idade, no conxunto na…
Este mes de decembro celebramos varias sesións colaborativas para abordar a soidade non desexada dende a perspectiva da innovación e a cultura que formulamos como jams de creatividade: espazos nos…
Nesta estapa do proxecto Soidade estamos a desenvolver varios encontros baixo a fórmula de jams de creatividade, buscando a perspectiva de persoas vinculadas ao mundo da arte e a cultura. Pero o encontro do que vos falamos hoxe formulouse desde a experiencia de usuario dun centro sociocultural.
SOIDADE é un proxecto de exploración interdisciplinar sobre o fenómeno da soidade na sociedade do século XXI, con sesións de deseño colaborativo (coa metodoloxía creativa do Design Thinking) de ideas…
O proxecto SOIDADE vén de recibir o apoio da Deputación da Coruña como proxecto singular de especial interese cultural. Este recoñecemento sírvenos para seguir explorando de maneira colaborativa, dende a…
Dende o outono ata o día de hoxe SOIDADE medrou e desenvolveuse ao abrigo do CoLab do Concello da Coruña, xunto con outras propostas que trataban de redefinir dalgún modo…
Este sábado presenta´ronse no centro cívico Cidade Vella os seis proxectos seleccionados o pasado outono para desenvolverse ao abeiro do CoLab, o espazo de experimentación cidadá no que tratar de…
Trala experiencia dos Encontros e do Foro da Soidade chegou o momento de reflexionar sobre todo o sucedido, falado e creado nestes espazos de reflexión colectiva e analizar o noso…
O 12 de decembro celebramos, como peche deste proceso, o Foro da Soidade: unha xornada pública con persoas expertas convidadas e unha mostra de experiencias relacionadas cos retos identificados nos…
Na recta final de 2017 desenvolvimos dúas iniciativas co obxectivo de achegarnos de maneira colectiva e creativa á realidade da soidade non desexada no caso concreto das persoas maiores. A primeira delas, durante o mes de novembro, convocouse como un Encontro a celebrar durante varios días, en diferentes espacios comunitarios do Concello.
A necesidade necesidade dunha diagnose actual da situación das persoas maiores da cidade como paso previo a contribuír a mellorar a súa situación foi un dos seis proxectos que, no outono de 2017, acolleu o CoLab do Concello da Coruña. Así comezaba entón o proxecto Soidade.