La Escalera

Sinopse

La escalera é unha ferramenta para facilitar o encontro e apoio mútuo entre a veciñanza dunha mesma comunidade, pero tamén para reflexionar sobre as relacións cotiás en contornas comunitarias.

O Proxecto

La Escalera naceu como un proxecto persoal de investigación e intervención social vinculado ao laboratorio cidadán Medialab-Prado (link a https://www.medialab-prado.es/), da área municipal de Cultura de Madrid. 

A súa proposta baséase en crear redes de colaboración en cada portal, establecendo relacións veciñais máis alá do clásico propietarios-inquilinos: comparto wifi, coido das túas prantas, fágoche a compra,…

As persoas interesadas en crear unha escaleira no seu edificio poden descargar un kit e unha pequena guía na web do proxecto, que ofrece mentorización e consellos respectando a autonomía de cada promotor ou promotora da nova escaleira.

As instrucións son adaptables a cada realidade, de tal xeito que ningunha escaleira é igual a outra pero, en todas, o individualismo dá paso a unha vida máis próxima ao comunitario.

Saber máis

Deixa un comentario