Banco da amizade

Sinopse

Un espazo creado expresamente para favorecer o contacto e a comunicación entre as persoas.

Proxecto

A idea orixinaria é da estadounidense Acacia Woodley, unha nena de 10 víctima de bullying escolar que no 2013 propuxo instalar no patio da súa escola un banco no que sentarse e coñecerse nenos e nenas illados polos demais, e no que o resto da rapazada tivera tamén a oportunidade de sentarse, coñecelos e reflexionar.

Seis anos despois, Nigrán converteuse no primeiro concello galego en  colocar estes bancos para favorecer o encontro e a comunicación entre as persoas, pensando especialmente nas que viven en soidade.

A colocación dos bancos enmarcouse dentro do proxecto Un Nigrán para Todas, que aborda a inclusión das persoas con discapacidade intelectual. A elaboración dos bancos e a súa colocación correu a cargo do centro ocupacional Juan María, con quen o Concello desenvolve a totalidade do proxecto.

Saber máis