Sinopse
Unha maneira de vivir en comunidade sen renunciar ao espazo persoal
Proxecto
O co-housing é unha fórmula de convivencia na que as residentes (ou socias, xa que adoitan crearse, e por tanto dirixirse, baixo a fórmula de cooperativa) deseñan e autoxestionan o espazo habitado, no que se mesturan partes privadas e zonas comúns amplias. O día a día sostense na xestión colaborativa e nas sinerxías entre as persoas.
É unha práctica consolidada no norte e o centro de Europa e que nos últimos anos comezou a desenvolverse en España. A finais de 2018 a Xunta incluiu o co-hosing dentro da carteira de servizos para as persoas maiores.
Considérase unha opción de vida e envellecemento activo e unha maneira de evitar a soidade non desexada.