Grandes Amigos – Familias hinchables

Sinopse

A rede veciñal como base para tecer relacións de amizade coa xente maior que se quedou -e se sinte- soa, e unha campaña de concienciación (Familias Hinchables) que retrata esa soidade non desexada.

Proxecto

Grandes Amigos é unha oenegué, presente en varias comunidades autónomas -entre elas Galicia-  adicada fundamentalmente ás persoas maiores, a quen ofrece actividades de acompañamento e socialización a través de propostas interxeracionais, apostando por recuperar as relacións veciñais nos barrios para favorecer a cohesión social e combater a soidade non desexada en todas as franxas de idade.

Ademais, levan a cabo campañas de concienciación sobre esta realidade, como Familias Hinchables.

Saber máis