Madriñas e padriños no barrio

Sinopse

Este proxecto nace no centro de saúde do barrio compostelán de Vite e implica a veciñanza e axentes sociais

O proxecto

No barrio de Vite, coma noutras zonas da cidade, hai cada vez máis persoas maiores e persoas que, con independencia da súa idade, non manteñen unha gran relación coa súa contorna. A raíz do pioneiro programa de envellecemento activo do seu centro de saúde xurde esta idea, que suma a acción veciñal á labor de traballadores sociais e equipo de enfermería do centro sanitario, tecendo unha rede de coidados.

O obxectivo é que a veciñanza voluntaria (uns quince, no momento de iniciarse e proxecto) acompañen a outras persoas do barrio en situación de soidade por diversas causas, favorecendo a súa integración nas actividades acolectivas e a actuación das profesionais en caso de ser necesario.

Saber máis

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2020/01/17/quince-madrinas-padrinos-amparan-vite-personas-solas-dependientes/0003_202001S17C6995.htm