Sinopse
Un proxecto para retomar a relación entre a veciñanza e combater a soidade
O proxecto
Acompañados é unha iniciativa que suma os esforzos da entidade sen ánimo de lucro Avelaíña e o Concello das Neves, co apoio da fundación La Caixa, a través dunha serie de encontros nas parroquias do concello.
A través de tres actividades, a proposta tratar de paliar o illamento no que vive o inverno boa parte da veciñanza, retecendo lazos e afianzando relacións: Compartir e vivir (unha serie de encontros para maiores de 55 anos orientados á transmisión de saberes e compartir coñecementos), un grupo interxeracional de alfabetización funcional e outro orientado á búsqueda de emprego.