Unha nova perspectiva

Nesta estapa do proxecto Soidade estamos a desenvolver varios encontros baixo a fórmula de jams de creatividade, buscando a perspectiva de persoas vinculadas ao mundo da arte e a cultura. Pero o encontro do que vos falamos hoxe formulouse desde a experiencia de usuario dun centro sociocultural.

Encontros da soidade

Na recta final de 2017 desenvolvimos dúas iniciativas co obxectivo de achegarnos de maneira colectiva e creativa á realidade da soidade non desexada no caso concreto das persoas maiores. A primeira delas, durante o mes de novembro, convocouse como un Encontro a celebrar durante varios días, en diferentes espacios comunitarios do Concello.