Únete ás JAMs de creatividade

SOIDADE é un proxecto de exploración interdisciplinar sobre o fenómeno da soidade na sociedade do século XXI, con sesións de deseño colaborativo (coa metodoloxía creativa do Design Thinking) de ideas e propostas de intervención.

SOIDADE está inspirado en proxectos de participación cidadá e innovación social que se están a desenvolver noutras partes do mundo, onde a participación activa de diferentes colectivos en xornadas de deseño creativo ou jams de creatividade permite unha visión máis ampla e unha exploración de solucións máis innovadoras.

Xustamente isto, unhas jams de creatividade en torno á soidade, son as que poremos en marcha nas vindeiras semanas en varias vilas da provincia da Coruña. Permitirán reunir ideas e prototipos, que máis adiante se compartirán nun foro en liña aberto e dispoñible na web.

Promovido por Xeneme Intervención Social, conta co apoio de BenCuriosa e co patrocinio da Deputación Provincial da Coruña neste 2019. Trátase da continuación dun proxecto de innovación social nacido no CoLab, laboratorio de innovación cidadá da Coruña en 2017.

Para participar só é preciso achegarse coa mente aberta e con ganas de compartir ideas arredor desta temática. A inscrición é gratuíta, aínda que de prazas limitadas. Pódela realizar clicando nas imaxes: