O Foro da Soidade

O 12 de decembro celebramos, como peche deste proceso, o Foro da Soidade:  unha xornada pública con persoas expertas convidadas e unha mostra de experiencias relacionadas cos retos identificados nos Encontros da Soidade celebrados en novembro, ademais dunha sesión de posta en común, a través de metodoloxías creativas, das principais conclusións do proceso de traballo desenvolvido. Todo isto baixo a premisa de deseñar e prototipar solucións sobre como as cidades do século XXI deberían abordar o problema da soidade.

A xornada articulouse en varios bloques: a dinámica grupal Sentir-Comprender, facilitada por Diego Parajó, a mesa redonda sobre modelos integrais de traballo con persoas maiores, da man do presidente da Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría Miguel Ángel Vázquez e unha aproximación a outras soidades, da man de entidades como Cruz Vermella ou Ecos do Sur.

As persoas participantes no Foro tiveron ocasión de coñecer iniciativas e experiencias en torno á soidade e unha representación das ideas xeradas nos Encontros da Soidade, ademais de participar na sesión Actuar-Prototipar, dirixida por Diego Parajó.