Na recta final de 2017 desenvolvimos dúas iniciativas co obxectivo de achegarnos de maneira colectiva e creativa á realidade da soidade non desexada no caso concreto das persoas maiores. A primeira delas, durante o mes de novembro, convocouse como un Encontro a celebrar durante varios días, en diferentes espacios comunitarios do Concello.
Para iso fixemos unha ampla difusión do proxecto entre o tecido social, entidades e servizos públicos implicados. Tamén a través de reseñas en diferentes medios e das canles municipais, así como das persoas ás que contactamos vía mail ou a través de entrevistas.
Os encontros celebráronse do 7 ao 21 de novembro e neles participaron persoas vinculadas dalgún modo -persoal e profesional- á soidade e aos maiores. Algo que, obviamente, incluíu ás propias persoas maiores.
Aquí tes unha pequena selección dalgúns momentos de traballo, en equipo, interxeracional e interdisciplinar, na procura de solucións creativas e innovadoras fronte á soidade non desexada.