O proxecto SOIDADE vén de recibir o apoio da Deputación da Coruña como proxecto singular de especial interese cultural.
Este recoñecemento sírvenos para seguir explorando de maneira colaborativa, dende a perspectiva da innovación, a creación artístiva e a cultura, fórmulas coas que afrontar a soidade non desexada en todos os ámbitos da nosa sociedade.
Nesta nova etapa desenvolveremos varias sesións de deseño aberto e colaborativo co obxectivo de xerar ideas e propostas que amplíen o enfoque sobre a soidade. Para iso chamaremos a participar, especialmente, a persoas vinculadas a esas novas perspectivas nas que queremos profundar, dende agora e ata finais deste 2019.