Este sábado presenta´ronse no centro cívico Cidade Vella os seis proxectos seleccionados o pasado outono para desenvolverse ao abeiro do CoLab, o espazo de experimentación cidadá no que tratar de poñer en marcha proxectos que axuden a mellorar a calidade de vida da nosa contorna.
Foi unha sesión participativa na que, ademais de presentar os proxectos de Co-Lab 2017, tivemos ocasión de explicarnos, falar e compartir impresións coas persoas que se achegaron a coñecer as seis propostas: ParticipAGRA, Oasis Monte Alto, Cousateca, Co urbanismo nos talóns, Gabinete de imaxinación política e Soidade.
Boa parte das cousas que tivemos ocasión de explicar neste acto de presentación están tamén aquí recollidas ao voso dispor.