Dende o outono ata o día de hoxe SOIDADE medrou e desenvolveuse ao abrigo do CoLab do Concello da Coruña, xunto con outras propostas que trataban de redefinir dalgún modo a cidade.
Este proceso de exploración levounos a avanzar na propia visión do noso proxecto, como xa vos contamos anteriormente nesta web e como explicamos na sesión aberta que se celebrou hai uns días n centro cívico Cidade Vella. E coñecer opinións, reflexións e creatividades diversas. Tamén testemuños que nos abriron os ollos, que nos puxeron nas mans novos fíos dos que tirar e que nos impactaron.
Parte de todo este proceso está neste vídeo que queremos compartir con todas vós.